miércoles, 10 de junio de 2020

Xa estamos a mércores!

Bos días!! e xa chegamos a mitade da semana...! e hoxe tan só podo dicir... "Bonito, todo me parece bonito", é que onte ao rematar a nosa reunión entereime que ♫Pau Donés🎝(Jarabe de palo) falecera a consecuencia dun cancro (xa levaba 5 anos loitando coa enfermidade). Moitos preguntaredevos que quen era... era un tipo superpositivo😍, que afrontaba a vida sempre cun sorriso😄 e que nos cargaba de positividade coa súa música... é certo que vos pode gustar máis o menos o seu estilo... pero quero que vos quededes coas súas letras... a mín en particular encántanme dúas..."Bonito" e "Depende" son dúas lecións de vida para tod@s!! Moitas grazas Pau!!
Disfruta delas!!
BONITO

DEPENDE

Agora xa podemos ir coas tarefas para hoxe...😅!! En mates, continuamos traballando coas unidades de medida, neste caso son as de superfície. E en lingua, palabras con x e con ll (que tantas veces erramos!) e o predicado verbal e os seus complementos.


E en sociais, vamos lembrar a través duns vídeos tres momentos de gran importancia para España no  século XIX, das que xa falamos o xoves pasado..."As cortes de Cádiz", "A primeira constitución española (A Pepa)" e "A época das rexencias", clave para o devenir da coroa española e os cambios sociais.

AS CORTES DE CÁDIZ

A PEPA

A ÉPOCA DAS REXENCIAS

🎜BONITO, TODO ME PARECE BONITO!♫🎝

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Promoción 2014-2020 no CEIP "O Couto". Vídeo adicado aos alumnos de 6º d...

Y aquí os dejo la otra sorpresilla que estábamos preparando... todo un repaso por vuestro paso por el cole... cuantos recuerdos, emociones, ...