En lingua tamén vos propoño unha actividade publicada dende a biblioteca virtual do cole: "Cal é para ti a palabra máis fermosa en galego? Podes escribila, coloreala... Sácate unha foto con ela e xa sabes onde enviala bibliocouto@gmail.com, estaremos encantados de colgala no álbum de fotos da biblioteca". E envíala tamén a través de classdojo.
De ciencias da natureza... onte xa comezamos a ler o tema "A materia e os seus cambios", este tema comeza cunha historia... a historia de Marie Curie.
Marie Curie é, sen dúbida, a científica máis coñecida do século XX. Pioneira, xunto ao seu marido Pierre Curie, no estudo da radioactividade foi a primeira muller en recibir un Premio Nobel e, ata a data, a única persoa que recibiu dous Premios Nobel en distintas disciplinas científicas (Física e Química).
Vamos facer unha pequena investigación sobre esta gran científica... completa o arquivo que che deixo no debuxo para facer a "Biografía de Marie Curie!" (lembra incluir imaxes e completar a información; cando o remates envíasmo a través de classdojo ou ben ao meu correo, se o deixas no correo avísame a través da aplicación!)
🌈MOITO ÁNIMO!🌈
No hay comentarios:
Publicar un comentario