jueves, 28 de mayo de 2020

Curtametraxe

Bos días! 😊 hoxe é día de curtametraxe 🎦... así que vos deixo un vídeo baseado nun conto popular danés... "A pota que trota" un relato moi divertido pero que a súa vez amósanos unha gran cantidade de sentimentos... O argumento versa sobre unha situación de desigualdade provocada polo abuso de poder do ♚ rei, unha situación baseada en feitos acontecidos ao longo da historia, no período en que os reis tiñan poder absoluto (como estamos a ver en historia). Un personaxe de incógnito daralle un xiro a este estado de cousas introducindo introducindo un obxecto cotiá... a pota.


Despois de ver 👀 a curtametraxe, fai a ✎ tarefa en Classdojo.

Tamén tes que facer as seguintes actividades de lingua (adverbios e a letra b) e mates (operacións con fraccións)...


🌈MOITO ÁNIMO!💪

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Promoción 2014-2020 no CEIP "O Couto". Vídeo adicado aos alumnos de 6º d...

Y aquí os dejo la otra sorpresilla que estábamos preparando... todo un repaso por vuestro paso por el cole... cuantos recuerdos, emociones, ...